Blogia
Ambientólogos de Galicia

A Obra Social Caixa Galicia e a UNED realizarán accións formativas en materia ambiental para os estudantes da Coruña

Caixa Galicia, a través do Fondo Natural, destinará 30.000 euros a financiar actividades deste tipo.
Caixa Galicia e o Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) na Coruña asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades socioculturais en materia ambiental, que promovan a concienciación e formación dos máis de cinco mil estudantes que pertencen a este centro asociado na conservación e protección do medio natural.
A firma do convenio realizouse na sede coruñesa da UNED entre a directora do centro, Susana Branco Miguélez, e o director adxunto de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Igrexas. A UNED é a maior universidade existente en España, con 35 anos de existencia e 26 titulacións na súa oferta. O centro asociado da Coruña conta tamén con aulas en Ferrol, Viveiro e Foz, e atende a uns 5.100 alumnos.
Caixa Galicia, a través do Fondo Natural da súa Obra Social, destinará 30.000 euros a financiar estas actividades. O Fondo Natural é unha iniciativa da entidade tendente a promover a concienciación social en materia de Medio así como a adecuada xestión e protección dos recursos naturais de Galicia.

0 comentarios