Blogia
Ambientólogos de Galicia

Taboleiro de Anuncios

I Concurso de proxectos para incrementar a biodiversidade

A Fundación Biodiversidade, o Ministerio de Medio Ambiente e a Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, pon en marcha o "I Concurso de proxectos para incrementar a biodiversidade". A data límite para a presentación de solicitudes é o 8 de xaneiro de 2008 (incluído).
O obxectivo desta iniciativa é financiar os mellores proxectos propostos para harmonizar as políticas de conservación e sustentabilidade encamiñadas a incrementar a biodiversidade. En particular o que se pretende é incentivar a conservación da biodiversidade en zonas rurais.
Este concurso, de periodicidade anual, diríxese a Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares pertencentes á FEMP e que sexan membros da Rede de Gobernos Locais Biodiversidade 2010. Esta Rede, que é unha Sección da FEMP, está encamiñada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible dos recursos naturais, a conservación do patrimonio natural e o fomento do desenvolvemento rural con criterios de sustentabilidade. As institucións interesadas deben presentar proxectos que se estean realizando no seu territorio, dirixidos a aumentar a diversidade biolóxica. O certame divídese en dúas categorías: A) Concellos e B) Deputacións Provinciais, Consellos e Cabildos Insulares. Poderanse presentar proxectos por unha contía máxima de 200.000 euros, incluídos todos os impostos e gastos derivados do proxecto, e só poderá resultar gañador un único proxecto presentado pola mesma entidade. Concederanse un total de cinco premios, tres á categoría A e dúas á categoría B. A data límite para a presentación de solicitudes é o 8 de xaneiro de 2008 (incluído).

O "I Concurso de proxectos para o incremento da Biodiversidade" enmárcase nos acordos subscritos entre a Fundación Biodiversidade, o Ministerio de Medio Ambiente e a Federación Española de Municipios e Provincias. Así, o Ministerio de Medio Ambiente e a FEMP asinaron en outubro de 2006 un convenio para a posta en marcha dunha Estratexia Común para a Preservación da Biodiversidade, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento dun conxunto de actuacións precisas para unha integración equilibrada dos factores sociais, económicos e ambientais destinados a alcanzar un uso sostible dos recursos e a preservación da biodiversidade no ámbito das Administracións Locais.

Pola súa banda, a Fundación Biodiversidade e a Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, subscribiron en decembro de 2006 un convenio de colaboración para a para a creación da Rede de Gobernos Locais Biodiversidade 2010? e a posta en marcha do concurso de incentivos ao incremento da biodiversidade entre os integrantes da Rede.

As bases do "I Concurso de proxectos para o incremento da Biodiversidade" incorpóranse anexas nun documento adxunto. Así mesmo, poden consultarse na páxina web da Fundación Biodiversidade.