Blogia
Ambientólogos de Galicia

Exposición

Exposición  
Hoxe venres, 5 de outubro, se inaugurará a exposición "Aves de norte a sur", organizada polo Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes "GEAS", con motivo do "Día mundial das aves". Nesta exposición recóllense 40 instantáneas de aves de todo o mundo, dende Terranova e Grand Sole ata Australia e as Illas Galápagos, pasando por imaxes de aves da nosa terra.
Poderase visitar de Martes a Domingo ata o 31 de outubro no Centro de Interpretación de Castro de Baroña, situado na vila de Porto do Son (A Coruña).
Estades todos convidados.
Máis información sobre GEAS

0 comentarios