EXPOSICIÓN «Coñecer para protexer, Especies ameazadas de flora e fauna galega»
O Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da USC está a desenvolver unha exposición sobre fauna e flora recentemente extinta ou en grave perígo de extinción. Esta actividade enmárcase dentro da Semana da Ciencia e pretende aumentar os coñecementos do visitante sobre a historia natural galega e concienciar sobre o valor do patrimonio natural e a importancia da conservación tanto destas especies coma dos hábitats onde viven.
A exposición pódese visitar n Instituto de Cerámica da USC, no Campus Sur de Compostela, ata o vindeiro 30 de novembro en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 de luns a venres
0 comentarios