I XORNADAS DA RESERVA DA BIOSFERA ÁREA DE ALLARIZ
Os vindeiros días 28, 29 e 30 de Novembro celébrase, no salón de actos do fogar dos maiores de Allaríz, as primeiras xornadas da reserva da biosfera "Área de Allariz", declarada como tal polo Consello Internacional de Coordinación do Programa Home- Biosfera da UNESCO o 29 de xuño de 2005 por ser esta unha zona particularmente importante en valores culturais e polo uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna.
As xornadas analizarán este recoñecemento dende o punto de vista medioambiental, urbanístico e de desenvolvemento económico e nelas participarán os catro concellos que a conforman ( Allariz, a Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos).
O programa destas primeiras xornadas achegará a Allariz a destacados persoeiros no mundo do medio ambiente, o urbanismo e desenvolvemento económico no rural. O mércores as xornadas estarán centradas no desenvolvemento rural, o xoves analizaranse as Reservas da Biosfera e o venres adicaranse as xornadas a paisaxe e urbanismo.
Podedes obter máis información nos seguintes enlaces:
Programa das Xornadas (arquivo pdf) Inscrición en liña
0 comentarios